sábado, 12 de enero de 2013

*Cinco Horas de Enlace a París*

Apareciches na noite e todavía non sei se é soño ou pesadelo;
e na aparición cruzaches as pernas tal filosófo sentando cátedra.
Aquelas mesmas que todo eran óso.
E falabas polos mesmos beizos que me fan despexar calquera dúbida
sobre as teorías asentadas sobre a bisexualidade humana.
E as verbas que se repetían como caixa de música desgastada
discorrían de un a outro dos meus oídos sen deixar pegada.
E aquela escultura apolínea- da que todavía coñecía cada milímetro cadrado-
desintegrábase grao a grao en pó de mármore ante min.
E os puntos fracos quedaban agora expostos tal chagas sagradas
e eu observábate sentada alonxar máis e máis
dentro da miña cociña para xente solitaria.

E decateime ó fin que o teu voo despegara xa moito antes da hora prevista.

No hay comentarios: