martes, 31 de julio de 2012

*Driving Me Mad ou o Estado da Lonxanía*


Non podía deixar de pensar nunha panxea. Un fragmento adherido que se separa e flota alonxándose cada vez máis de aquí, máis de min.
Como unha parte do meu corpo, atrofiada por non usala pero da que non podes prescindir.

Un peso que se alixeira.
Unha bágoa que seca.
Unha ferida que pecha.

Saberte lonxe. Deixar de imaxinarte e que me aloumiñes polas noites con dedos estranos.
Saberte lonxe como cadro que fica ó fin rematado. Como á quebrada coa que voar alto.
Saberte lonxe e así como a pedra levanta muros e o ferro, torres así a lonxanía nos irá enterrando en vida.