miércoles, 14 de marzo de 2012

*Luz Mediterránea*

Por onde comezar? Son das persoas que defende a tese de que, xeralmente, todo o mellor que se pode crear, que nace como unha necesidade, sae doadamente da dor, do escuro, do difícil... Polo menos, o máis fermoso. Pero agora, dende a miña habitación anclada nunha das partes máis fermosas dunha das máis fermosas cidades do vello continente, sinto a necesidade clamorosa de escribir sobre o que estou a vivir. De noite, coa ventá aberta inunda o cuarto unha temperatura idílica. Pero é sobre os sons sobre o que desexo falar. Porque Barcelona é, sobre todo, unha cidade para vivir. Lonxe, moi lonxe, do tópico da grande cidade gris, urbana e contaminada, esta ábresa á luz, ó mar, á feliciade. E noto como todos e cada un dos seus cidadáns toman conciencia da cidade que habitan. Que a pesares de poder estar aquí aínda que sexa casualmente, son conscientes de onde viven, e disfrútana. Por iso, camiñar poals súas rúas exhala felicidade que se reflexa nos rostros e actitudes de todos os decoñecidos -milleiros- cos que diariamente me cruzo. "É a luz" -digo sempre acerca disto. Como un cadro impresionista. É a luz mediterránea que se cola dentro de todos e cada un, que ilumina os seus rostros nas saídas das bocas de metro, que nutre as almas. As rúas anchas abrázante loitando contra a exclusión aínda nas zonas poboadas de tendas ás que nin siquera te atreves a entrar. E dende a mañá ata a noite, músicas diferentes soan en todos os lugares: clásica esperando o metro, ambiental na escola, indie colándose pola ventá ó espertar... Tendas monotemáticas que van dende as de maxia ata as de máscaras ou de esferas terráqueas. E cada detalle nos centos de rúas laberínticas do casco antigo describen mundos en si mesmos. E de novo a luz, e o mar, as bicicletas, os cans, os escapartes, os graffities e as galerías de arte, os museos, as tendas vintage e os mercadillos de libros antigos. E a luz de novo, a mestura de idiomas que se fusionan no aire, igual que a das idades e nacionalidades nas beirarrúas.

O outro día merquei unha postal onde se distinguía, baixo dos brillos nacarados, o parque do Tibidabo. A postal rezaba: "Barcelona is a playground".