domingo, 18 de noviembre de 2012

*Ser a túa Christina*



Un romántico decimonónico, un flaneur desubicado, un boudelaire sin albatros, un dandy posmoderno.

Unha alma ferida profundamente que se espide de tal forma 
que resulta embarazoso para o oído do receptor.
Sentencias que son como latigazos, arañazos profundos.

Un valiente que redacta un manifesto do desastre real e é capaz de cantalo;
de contalo a quen o queira escoitar.

Líricas que fan que recoñezas traxedias propias nas alleas facéndote cuestionar se todos e cada un dos problemas humanos, non serán no fondo sempre os mesmos.

A soidade, o desamor, a traxedia, o que nunca se conseguirá, o fracaso, a incompresión, a fraxilidade, a morte. 

A beleza. 



miércoles, 15 de agosto de 2012

*Go To See The Sun*



Vaiamos ver o sol.
Esta calor afógame de forma intensa na soidade de asfalto.
Ven comigo e collámonos das mans.
Só podo pensar en ti e en como brillarían as perlas de suor esbarando pola fronte.
Só podo pensar en ti coa miña pel. Maldita calor e malditas perlas de suor.
Déixame acompañarte e cólleme da man.
Que esta calor nos afogue ós dous mentras establecemos unha festividade para nós.
Vaiamos ver o sol.

martes, 31 de julio de 2012

*Driving Me Mad ou o Estado da Lonxanía*


Non podía deixar de pensar nunha panxea. Un fragmento adherido que se separa e flota alonxándose cada vez máis de aquí, máis de min.
Como unha parte do meu corpo, atrofiada por non usala pero da que non podes prescindir.

Un peso que se alixeira.
Unha bágoa que seca.
Unha ferida que pecha.

Saberte lonxe. Deixar de imaxinarte e que me aloumiñes polas noites con dedos estranos.
Saberte lonxe como cadro que fica ó fin rematado. Como á quebrada coa que voar alto.
Saberte lonxe e así como a pedra levanta muros e o ferro, torres así a lonxanía nos irá enterrando en vida.

miércoles, 14 de marzo de 2012

*Luz Mediterránea*

Por onde comezar? Son das persoas que defende a tese de que, xeralmente, todo o mellor que se pode crear, que nace como unha necesidade, sae doadamente da dor, do escuro, do difícil... Polo menos, o máis fermoso. Pero agora, dende a miña habitación anclada nunha das partes máis fermosas dunha das máis fermosas cidades do vello continente, sinto a necesidade clamorosa de escribir sobre o que estou a vivir. De noite, coa ventá aberta inunda o cuarto unha temperatura idílica. Pero é sobre os sons sobre o que desexo falar. Porque Barcelona é, sobre todo, unha cidade para vivir. Lonxe, moi lonxe, do tópico da grande cidade gris, urbana e contaminada, esta ábresa á luz, ó mar, á feliciade. E noto como todos e cada un dos seus cidadáns toman conciencia da cidade que habitan. Que a pesares de poder estar aquí aínda que sexa casualmente, son conscientes de onde viven, e disfrútana. Por iso, camiñar poals súas rúas exhala felicidade que se reflexa nos rostros e actitudes de todos os decoñecidos -milleiros- cos que diariamente me cruzo. "É a luz" -digo sempre acerca disto. Como un cadro impresionista. É a luz mediterránea que se cola dentro de todos e cada un, que ilumina os seus rostros nas saídas das bocas de metro, que nutre as almas. As rúas anchas abrázante loitando contra a exclusión aínda nas zonas poboadas de tendas ás que nin siquera te atreves a entrar. E dende a mañá ata a noite, músicas diferentes soan en todos os lugares: clásica esperando o metro, ambiental na escola, indie colándose pola ventá ó espertar... Tendas monotemáticas que van dende as de maxia ata as de máscaras ou de esferas terráqueas. E cada detalle nos centos de rúas laberínticas do casco antigo describen mundos en si mesmos. E de novo a luz, e o mar, as bicicletas, os cans, os escapartes, os graffities e as galerías de arte, os museos, as tendas vintage e os mercadillos de libros antigos. E a luz de novo, a mestura de idiomas que se fusionan no aire, igual que a das idades e nacionalidades nas beirarrúas.

O outro día merquei unha postal onde se distinguía, baixo dos brillos nacarados, o parque do Tibidabo. A postal rezaba: "Barcelona is a playground".

martes, 7 de febrero de 2012

*Bonecas de Papel*

Albergo un montón de libretas diferentes. Encántame as libretas. Teño libretas pequenas, grandes, gordas, de tapas brandas, que pechan con imán lateral, decoradas, lisas, en formato bloc... Pero teño unha moi especial polo seu contido. Na tapa aparece unha fermosa boneta feita con trazos sinxelos sobre dun fondo raiado. Ós pés dela pon: "muñecas de papel". Agora co paso do tempo, non resulta outra cousa senón irónico en extremo. É como se estivese predestinada a recoller o que alí se ía a escribir. Como se me estivese a describir a min. Resulta que esta libreta foi usada a modo de diario monotemático sobre unha relación que mantiven. Pódese dicir que foi o meu "primeiro amor", como o que venden as películas de adolescentes preuniversitarios americanas, aínda que cronolóxicamente esta afirmación non sexa a correcta, pois sí houbo outros antes. Pero debo admitir que nunca quixera tanto nunca. Querer ata que doe, ata que sangra, ata que te ata. Foi a fusión perfecta de dor e amor que da como resultado "sometemento". E toda esta historia está recollida naquela libreta, como unha especie de novela ten o seu comezo, o seu nudo e o seu desenlace.

Comeza co inicio da relación, describindo os novos e intensos sentimentos, o descubrimento do pracer. Certas matizacións van minando a trama: non todo é tan perfecto como a narradora pretender contar - ás veces, o subconsciente traiciónanos-.

Logo o nudo: as cousas complícanse. Certa bipolaridade por parte do personaxe masculino desestabilizan a protagonista. Ela chora sen dicirllo e pon por escrito os mensaxes de texto que el lle mandara tempo antes onde admitía querela, pero sen utilizar tal verbo ("La verdadera declaración, la que no se dice: siente mucho y habla poco"), para conservar del así a imaxe que ela tiña. As cousas tórcense ata partir.

E finalmente, o desenlace. Cada parte desta última do relato inicia coa data do escrito, como un diario. As datas coindiden coas sesións psicolóxicas as que asiste a protagonista durante un ano. A través delas, anotadas en forma de sentencias aclaratorias precedidas de guións, o lector invirte todo o relato dende o comezo, facendo unha relectura de todo o anterior.

Todos os textos desta libreta están escritos a pluma. Co paso dos anos o papel foina absorvendo como pretendendo liberarme deste peso, dixerindo el só os recordos amargos, secándome as bágoas... As letras van desaparecendo como desaparecen as feridas ó curar. Como desaparecen os sentimentos co paso do tempo. Como desaparece a ilusión segundo vas envellecendo.

jueves, 2 de febrero de 2012

*Narcisimo apolillado*

Non se debe beber con rencor, pero pódese escribir con rencor.

Escribir é a mellor saída de escape e sempre é a opción máis barata fronte a un psicólogo.

Eu son unha posmoderna que le a Carlos Pardo pero non ten facebook. E dende aquí e humildemente lanzo unha pregunta a este respeto: é que xa non resultan atractivos os segredos nunha persoa? É preciso que todo o mundo coñeza cómo che queda o hortero birrete da licenciatura que todavía non lograches sacar? Que te vexan ebrio, drogado, ausente, contento, triste, bailando, correndo, posando, sin camiseta, con camiseta, na boda do colega que no fondo odias dende fai anos, coas sobriñas, cos tíos de Venezuela, descalzo, na praia, nun río,...? É preciso que sepan o que comes, o que ves, o que escoitas? Que sepan das túas vacacións, da casa, do teu can, da última persoa coa que te deitaches, do teu recente corte de pelo, das fotos de cando eras cativo, dos dentes que che partiron á saída do pub que tentabas pechar?
Pero o que resulta todavía máis sangrante son aqueles que colgan toda a súa vida en formato dixital -incluidos autorretratos no baño onde sempre aparece nun segundo plano o rollo de papel hixiénico e/ou WC-, pero cambian o nome. Sustitúen o real por un pseudónimo (frecuentemente nun pseudoinglés) para que só o recoñeza quen el/ela queira. Deduzo, polo tanto, certo avergoñamento cara ese comportamento exhibicionista. Hai, no fondo, certo afán de ocultación. Algo que se acentúa tamén na fotografía de perfil, que tampouco é real, evidentemente. E sen embargo, tantas molestias non serven de nada. O mundo é demasiado pequeno, e o virtual resulta máis pequeno todavía. Por iso, a túa/o teu ex pode verche fotos en estados tan lamentables que farían restar anos de vida a túa nai se lograra conectarse "a tu red social". Pódeas ver e alédase de constatar a quen deixou atrás, compadecéndose tamén en parte, pois a estampa é tan grotesca que promove a compasión. E isto, resulta pouco atractivo. Así, unha soa foto subida sen consentimento pode desmontar o teu alter ego facebookiano no que se tarda en contemplala. A xente prefire descubrir as cousas por sí mesma. Vou romper unha lanza polo tradicional: polas conversas, polas primeiras impresións, pola música que levas no coche, polo libros que tes en casa.

Pola miña parte, avogo de novo pola discreción, polo segredo, pola intimidade, por esa parte oculta que nunca mostramos cando acabamos de coñecer a alguén.
Avogo por exhibir tan só naturalidade: a que só lle mostras a alguén segundo vas confiando nel, proceso que se dilata no tempo.
Avogo pola beleza das tatuaxes só cando se quitan as roupas.

viernes, 6 de enero de 2012

*Qui Non Se Muore Mai*

Eu son a materialización do teu fracaso. Son aquelo ó que culpar, apuntar e cuspir. Eu son os anos que corren e que por ti non pasan. A quen infravalorar, odiar e rexeitar. Son o teu pesadelo á vez que soño húmido frustrado. A táboa impoluta nun día de choiva, o arañazo na porta do teu coche, a chuleta do teu exame, a penosa nota media do teu expediente. Eu son tódolos libros que non liches. A droga que che fai pensar cando a fumas. O cubata de máis, o tropezo nas escaleiras, as bágoas na soidade. Son tódalas túas mentiras e as verdades que sempre ocultaches. Son os amigos que te traicionan, as feridas das túas mans, o espertador tódalas mañás. Son a quen envexar, a quen esquecer e a quen borrar. Eu son o fango que conforma a lagoa na que vas vendo afundir a túa vida cada día.