miércoles, 5 de octubre de 2011

*Bebo Té*

Quero pensar en ti.
Contaminada e escoitando cancións tristes
que rememoren o meu pasado reciente.
Que me fagan chorar.
Pero non dou. Xa non. Nin unha soa bágoa.
Que pasou? Dime. Xa cicatrizou?

E agora véxote como unha pantasma
que resurxe a veces, poucas,
entre todo o monótono.
A veces de verdade;
outras, imaxinándote en corpos que non son o teu.

E qué vai ser de ti cando te pense?
Cando estea lonxe.
Cando me esqueza de que algún día non te puiden esquecer.
De que te podería matar.
De que é triste tatuar o teu rostro en faces alleas.
Que é triste recrear cada milímetro da túa pel en corpos alleos.
Aqueles mesmos que se esquecen de min
cando comeza a facerse de día.
Que se esquecen de min, igual que ti te esquecías.