lunes, 25 de julio de 2011

*Siguiente*

Dicías morrer centos de veces antes
e agora que é a última, non podo deixar de pensar
nas túas tatuaxes sobre da xa fría pel.

E de nada serven ás veces a cidade máis grande,
as roupas máis preciosas,
a voz máis fermosa...
É a incríble, eterna e insaciable insatisfacción humana
que nos empurra á autodestrucción.
A que te levou polos camiños máis escuros.
A que te fixo descender ó negro literal esta vez.
Esta última vez.

Unha voz que se apaga cando pensabamos
que a xuventude agora é imposible de abatir
por esquecernos da fraxilidade,
da importancia da soidade
e das horas, nas que con sustancias,
tratamos de esquecernos dela.
Grande, Amy.

martes, 12 de julio de 2011

*Tournabilismo*

Bendita bipolaridade que me permite obter un remanso de paz.
Bendita bipolaridade que me permite comprobar
que non estaba tola, que o que rememoraba existiu.

Bendita bipolaridade que me aproxima máis a realidade
que o feito de non padecela.
Que me axuda a comprobar, con todo o que me doe recoñecer,
que esta guerra téñoa perdida de antemán
e que ti a gañarás sempre.

Bipolaridade que non é máis que un acto reflexo
propio dun egoísmo enquistado que fai que escoites
as miñas chamadas só cando el quere.

Bipolaridade que fai que nunca sexa posible borrar
o teu número máis de un mes.
Maldita bipolaridade que fará que nunca te entenda.
Que me fai consciente da realidade.
Que me afasta máis que nunca.

domingo, 3 de julio de 2011

*Úsame Sin Miedo*

Ateigada en alcol un domingo pola tarde,
cos recordo de acordes de concertos que te marcan por sempre.
Sensacións tan fortes que me fan voar ata tres días despois.
Non, non podo, non dou: quero contigo.
É case desesperación, como un grito silenciado.
Algo que me queima tanto, tan por dentro,
é só unha puta obsesión...
Quero facer cousas contigo,
quero quererte sobre todas as cousas.
É dor, é recordo, son fluídos.
Eres ti e os teus beizos que non dou esquecido.
Árdeme a pel e dende sempre, dende aquela
-que é dende cando comezo a contar a miña vida-,
odio os estíos e os recordos que me traen:
os focos, o verde de fumar, os bailes arrítmicos, a cerveza,
a tabla, os olores...

Só ti me podes me podes dicir cando esto se vai acabar,
só ti me podes facer feliz,
só ti podes facer que me esqueza de recordar,
só ti podes deixar que me apague dunha vez.

Rebaixarme, pisarme, odiarme,
sentirme así nos extremos.
Úsame para sentirme viva,
úsame para que te odie,
úsame para seguir odiándote cando estea lonxe.
E cando estea cerca.