domingo, 13 de febrero de 2011

*Nunca hubo guerra buena ni paz mala*

A guerra. A guerra forma parte da vida. Para moitos, a guerra é unha forma de vida. Para min, a guerra eres ti. Non hai paz mala, só hai o desexo de paz. Hai veces en que é mellor que non haxa paz, pero non é doado loitar. Sentir que só unha incongruencia: a aparición dun libro de madrugada sobre do meu felpudo- surrealista- logre que a miña estabilidade vital se tambalee, esa é miña guerra. Sentir a necesidade de fuxir para non voltar cometer os mesmos e irracionais erros. Esa é a miña guerra. A miña guerra é seguir a construir unha felicidade que estará sempre incompleta. Unha felicidade que mutará, que verei reflexada en ollos alleos que lograrei querer, pero non do mesmo xeito. Esa é a miña guerra; a guerra de saber que non podo ter o que máis desexaría ter. A guerra da impotencia, a da frustración, a de ter que deixarte gañar. E a segunda guerra: a de voltarte levantar, a de seguir camiñando. Expoñer o teu corpo como se dun escudo se tratase, no que rebote a dor, no que rebote a pena, no que rebote o dano... Que protexa o meu corazón sesgando sentimentos se é necesario. Que me transforme nun ser que non quere querer, xa non, nunca máis. Só penso en camiñar. Afastarme. Nesto me transformou a nosa guerra que semella non querer ficar.