miércoles, 24 de noviembre de 2010

*Destroy to Create*

Ben, creo que non me pasa a min solamente pero non deixa de ser curioso. Persoas que entran na túa vida e co paso do tempo non significan absolutamente nada: quero dicir que non provocan en tí ningunha reacción interna ou emoción, nin boa nin mala. Como un xersei que usaches moito pero co paso do tempo desaparece e non o botas de menos do teu armario. Como cando te ves con el posto nunha foto e nin o recoñeces, como se fose de outra persoa, emprestado. Pois eso mesmo me ocorreu esta semana, cando despois de ollear unha serie de fotografías, me din conta que eu, nelas acompañada, non me recoñecía. Non sabía que facía alí, nin con esa persoa. Como se iso non tivese pasado, como se nunca sucedese. Pouco despois, con sentimento de entre pena e alivio, decidín trituralas na miña papeleira de reciclaxe sen acabar siquera de velas todas. Non se pode vivir nos recordos, nin dos recordos. Como reza o título dun dos máis fermosos libros lidos últimamente: "que o vasto mundo siga xirando". Porque ten que ser así, todo pasa e o mundo que xira non te espera. Penso que a vida non é máis que unha aprendizaxe que vives medio a cegas, dando vandazos ata atopar o teu propio sitio e lugar, algo que non se dá en todos ó mesmo tempo. O mellor dela é poder ter o tempo para poder ir errando, porque mentras erras e aprendes estás vivo. E de volver facer outra referencia a unha cita, non podo evitar lembrarme da de Lennon: aquelo sobre que a vida é o que pasa mentras fas plans. Unhas fotos que tiras, ó igual que un xersei que xa non te identifica ou un lema que xa non te define, non son máis que portas que vas pechando para poder ir abrindo outras.
Eu creoo así.

domingo, 21 de noviembre de 2010

*Skin & Bones*

Creo que xa o expuxen varias veces, refírome á miña debilidade polo minimal, pola austeridade. Hoxe volvín ver un vídeo extraordinario sen pretendelo, nunha canle de televisión na que non o esperaba, polo que me sorprendeu todavía máis. "Yellow", o primeiro single de Parachutes de Coldplay. Disco, por certo, imprescindible; carente todavía da contaminación dos grandes selos e dos millóns de libras. Algo aplicable ó vídeo onde a simplicidade logra alcanzar algo tan puro que só se pode conseguir mediante a carencia desa contaminación. Porque o vídeo presenta unha forza tan grande (acentuada polas guitarras) que te golpea ata facer que se che salten as bágoas. E isto aderezado coas fermosas palabras que Martin adica á cámara e que resultan tan reais, tan vívidas e sinceras, que é todavía hoxe o día que logran conmoverme. É unha potencia conseguida tan só mediante o cantante, que empapado en choiva sen modelos caros nin maquillaxe, camiña mentras a cámara avanza diante del e observamos, ó longo do plano secuencia, como vai amencendo.

Persoalmente, os recordos tan gratos que me suxire e o placer de escoitar cousas tan preciosistas fan que volvas desexar crer nos sentimentos; fai que o convirta nun clip de referencia. A naturalidade coa que se limpa a choiva dos ollos...

Letra+música+ voz+ posta en escena+ vídeo+ pureza+intérprete= sublime.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

*Comezo da fin*

O inverno chega case sen decatarnos, paseniño, mentras ti vas incorporando roupa de grosas teas sobre do teu corpo de xeito inconsciente.
E os días de verán quedan lonxe xa: a praia, a calor sobre da pel, a camiseta ó saír e nada máis...
E o frío que nos arroupa empúxanos ós poucos cara a recta final do ano e con el os novos propósitos, as renovadas esperanzas, as forzas e impulsos por facer as cousas ben esta vez...
E sendo conscientes de que realmente é algo ficticio, que realmente non hai diferencias entre o día trinta e un o día un (excepto unha noite longa de festa bañada por máis alcol do habitual); conscientes de que o cambio de ano non é máis que algo prediseñado polo xénero humano: eu, pola miña parte, non podo evitar desexar crer nas novas. En proxectos, en ideais, en sorte, en achazgos e en esquecementos. Sí, é certo que as ansias renovadas coma quen inicia unha carreira de fondo pode que duren menos dun mes. Que a comezos de febreiros te decates de que a túa vida segue sendo igual, ou de que todavía falta bastante para que cambie. Sen embargo, dende aquí, desexo prantar, esperando que brote, o meu grao de esperanza. De tomar ese un como un comezo real, como un principio,... E desexo tamén comezalo coa maquillaxe corrida e sucia por bágoas derramadas debido ás risas, ás apertas fortes e sinceras dadas á xente que quero e non debido a bágoas ácedas nin de dor. Daquela, espero brindar con todos vós.