lunes, 11 de octubre de 2010

*Cuando ya no tienes enemigos, encuentras uno en el espejo*

"... El suicidio no produce un sentimiento de culpa en nuestro hombre, ni debería hacerlo. (...) Debe interpretar el papel de sociópata, a no ser que tenga la buena o la mala suerte, según se mire, de serlo ya. El mujeriego afronta pruebas de valor periódicas que revisten formas tan mundanas como su disposición a acostarse con personas que confían en él o a hacer proposiciones a la mujer de un colega, y un hombre que tiene éxito en estas pequeñas empresas llega a considerarse una máquina de seducción inocente. Pero se engaña. El auténtico examen consiste en conocer los límites de su capacidad de demostrarse inhumano o, más exactamente, que dicha capacidad tiene que ser ilimitada. (...)

Pero, por reacio que se muestre a derramar más sangre, en su calidad de comandante en jefe tiene que estar dispuesto a hacerlo en defensa del país al que ha jurado servir. Y, como mujeriego, los recelos de la culpa nunca deben impedirle satisfacer sus apetitos. Eliminar la culpa es la base de su éxito como fornicador."

Mercurio, Jed: Un Adúltero Americano.

domingo, 10 de octubre de 2010

*Dream Is Over*

Que é o que debe acontecer para que alguén che comece a dar asco? Asco sí, como algo que está mal na túa nevera, como o baño dun pub un sábado pola noite, como Hitler, como todo eso que non queres que coma a túa mascota, como a puta colonia de vieja que che da arcadas cando ocupa o teu espacio vital no bus... Qué tuvo que decir ou facer esa persoa para que chegue a producir en ti esa sensación? Eu seino, pero non parte de nada físico: non neste caso. Neste caso débese á tan profunda decepción, tan grande; a todos os golpes que me producen as súas verbas, que pretenden aniquilar a miña forza, aniquilarme a min. Golpes que me arrastran tan lonxe, que me baten tan forte que me producen arcadas. Arcadas de odio, de rabia incontida que veñen a miña boca e que acabo soltando no baño. Como, como se pode estar tan baleiro? Como é posible que non existan palabras que te conmovan? Palabras que te sanen, palabras que te fagan reflexionar. Cómo pode caber tanta maldade, tanto egoísmo nun ente tan baleiro? Sei cal é o teu futuro, sei o que lle pasa á xente cuxa preocupación é a de sentirse superior ós demáis como única saída ó seu complexo de inferioridade. Sei o que che espera. Sei que o teu mundo será un cuarto gris, cadrado e pequeno. Con paredes frías contra as que te golpearás coa cabeza unha e outra vez, contra as que te abrirás as mans de tanto bater nas mesmas mentras que as bágoas non retidas escorregarán polo teu rostro abatido. Sei que te consumirás solo nesa habitación, pouco a pouco ata que o teu corpo desapareza, ata que a túa alma pida ser querida. Que reclame todo o o amor que nunca soupo dar. Consumiraste solo ata que ela tamén desapareza. E toda a mierda interior que agora te conforma, aquela que fai que actues así, será vomitada igual que eu vomitaba a rabia que ti me xenerabas. Dream is over. Non hai máis; foi a última patada, o último empuxón cara a liña que marcaba o final.

sábado, 9 de octubre de 2010

*I Just Believe in Me*

Acabo de rematar un libro que é unha delicia. Unha xoia nos modos de literatura contemporánea. Pode que influise algo que o seu autor sexa profesor de redacción literaria; o que sí influe é que se trate dun irlandés afincado en Nova York. Numerosos relatos de xente descoñecida entre si, vanse engarzando, uníndose entre eles por unha grosa corda que igual une as dúas Torres Xemelgas do World Trade Centre pola cal se pasea un funambulista unha mañá. El, o funambulista, é o denominador común das máis ou menos extensas historias, moitas tristes pero na súa maioría cun fío esperanzador...pois como se cita no propio título o "mundo segue xirando". Segue xirando e non se para por ninguén. Penso que o noso ben máis valioso é o tempo: que pasa, que transcorre curándoo todo. Que che permite ver as cousas con esa claridade que a inmediateza non che permite. Que che deixa medrar e coñecer vivencias e persoas boas, porque sí, hainas. E que non pretendan enganarnos, porque son as menos pero sí existen. Por iso sucesos tristes, actuacións vergoñentas de persoas nas que confiabas vante minando,... sen embargo, nun alegato positivo digo que sí, que sí hai xente que quere querer. Sí que hai xente noble, sí que hai xente coa que falar non me produce arcadas, sí hai xente que me enriquece coñecer, sí hai xente que todavía cre na xente... E, por suposto, sempre estaremos nós mesmos. Di Lennon en "God": "I just believe in me". Despois disto penso que sobran verbas...
E entroncando coa cita, non vexo mellor final para a entrada que aproveitar para felicitalo polo seu cumpreanos. Espero, lea esto na parte do lugar a onde van os que non están adicada ós grandes xenios; aqueles cuxa pasada por este mundo pesará sempre máis que calquera guerra, que calquera relixión.