domingo, 26 de septiembre de 2010

Edward Hopper. "Night Shadows". 1921.

Sabes o que pasa? Que estou cansada de loitar. Que non me quedan forzas para escribir apenas… Porque, xa por fin, cando me vexo reflexada, me gusta o reflectido, e non preciso de nada máis. Ocorre que me cansei de querer querer. Que agora te esvaneces en recordos nubosos na miña mente que te intercambia con vivencias fermosas, agradables, felices… a veces tentadas por outras escuras poboadas de bágoas. Ocorre que te sinto lonxe; que te vexo alonxarte dende a fronteira mentras as miñas pernas xa non obedecen cando lles mando seguirte. Mentras, obsérvote sentindo como o corazón se quebra no peito. Doe. Son as mesmas pernas que se abrían para acollerte dentro, logrando crear as sensacións máis fermosas que nunca experimentara, mentras o teu tacto e olor impregnaban o resto dos meus sentidos. E todo o enchiamos de calor. A habitación. As habitacións diferentes que poboabamos onde se mesturaban nubes de fume de tabaco con suor. Nubes que voaban sempre cara arriba formando debuxos que só nós descifrabamos. Pero despois o olor de tabaco e de suor compartido, comezou a mesturarse co do alcol. Eu comecei a ter frío no leito. As miñas pernas comezaron a pecharse, xuntas como ás pregadas. Hai veces en que escoito a túa chamada nas madrugadas. A túa voz que recoñecería pasados mil anos. Reflexións claras, transparentes, que me incitan a pensar que algunha vez nos voltaremos reencontrar. Descoñezo onde. Que poderemos falar. Que a desnudeza físíca de ambos, será tamén interna. Sei que estou de paso, que as miñas pernas se cansaron de correr, que non poden seguirte. Vexo como a miña metade se apaga. Cómo, cada vez que volves insertar a moeda, a boneca do carrusel sorrí con menos forza. Cómo as viaxes cíclicas de ascenso e descenso sobre do fermoso cabalo de madeira, son máis curtas. As luces de feira apáganse pouco a pouco, por fases. Só quedan accesas as verdes que pronto que ficarán, porque as negras non se contan.

domingo, 5 de septiembre de 2010

*Free As A Bird*

E toqueite...
Como neno toca un paxaro ferido ou coa punta dun pequeno pao á beira dun camiño.
E toqueite...
Coa punta da miña bota desgastada...
E toqueite...
Só para constatar que sí realmente estaba morto,
que todo estaba morto xa...
E así é... pódome alonxar, podo marchar porque o paxaro xamáis voltará voar.