jueves, 26 de agosto de 2010

*Final*

Que foi o que restou? Que te esqueciches aquí sabendo que as túas verbas me podían sanar? Por que ti non?
A boneca xa estaba rota cando continuabas xogando con ela. Que te deixaches? Aquelo que me pesa todavía... A pesares de que xa non sei quen eres. A pesares de que te dilúes na miña mente; de que as palabras pronunciadas se mesturan sen poder saber cales eran as verdadeiras, en cales enganabas... Penso que hoxe nin ti siquera o sabes.
Todo foi mentira e sen embargo, algo bate no meu peito por algo que non existe, que é irreal. Só por ver o teu corpo tatuado nas miñas retinas, que se multiplica en cada cama que visito.
Todavía coñezo o teu tacto. Cada centímetro da túa pel que memoricei tradúcese nos anos luz que nos separan. O boleto non ía premiado, e é algo que todavía hoxe non me atrevo a recoñecer: que nada era o que parecía. Que o teu corpo non se corresponde co teu interior.

No, non hai final, non hai final: é verdad.

miércoles, 18 de agosto de 2010

*As Ás Lixeiras*

Miles de bolboretas voaban rodeándoa ata conformar un precioso traxe. Pechaba os ollos e sentía como as súas pequenas e delicadas ás, batían acariciando a pel suave. Mentras, os raios de sol filtrábanse cara o seu iris violáceo atravesándolle descoidadamente os fráxiles párpados. "Non quero abandoar esta sensación; non quero que nada me lastime". A zozobra invadía un cerebro que se evadía; os pensamentos transportábana lonxe... Tan só a calor das raiolas que templaban os seu delicado corpo espido, facíaa ser consciente de estar todavía sobre desta terra. Por un segundo pensou voar: como se os milleiros de fermosas bolboretas a elevansen invitándoa a ascender con elas. E voaba, e sentiuno... Como pluma de á partida, planeaba ata aterrizar nun vieiro que conducía ó único país onde o amor non fai dano. Pero no mesmo momento de tocar esa terra tan preciada como descoñecida, algúen a suxeitou polo delgado nocello tirando dela cara abaixo. Voltándoa a realidade. Decatándoa da súa desnudeza.

lunes, 2 de agosto de 2010

De novo, outra grata sorpresa entre toda a basura televisiva. Incríble a calidade e talento creativo deste país, que sorprende de forma deliciosa pero matemáticamente calculada: a pequenas gotas. Mapa Sonoro. Auténtica poesía audiovisual que segue o ronsel de Página 2 pero apoiándose no cartel de música máis alternativo en lugar de follas de papel. Fervente recomendación, pois aúna dúas das miñas maiores paixóns: (pseudo)cinema e música real.

domingo, 1 de agosto de 2010

*Primeiro de Agosto*

Un aire bastante xélido cólase pola ventá da miña casa
e mentras me acaricia a pel núa, fai que senta frío.
A destemplanza física está promovida pola destemplanza interna.
Un ano máis os recordos de estío espertan batendo o meu peito;
e os seus golpes fan que non me esqueza de que non poido esquecer.
Dormen por tempadas ocultos sen facer dano.
Están maquillados por novos acontecementos que me afastan deles,
pero é inevitable non voltar pisar os lugares que os forxaron...
Pantasmas grises que nubran o vivido
transformándoo en algo grato que, realmente, nunca existiu.
E tanto é así, que logran aflixirme cada vez que asaltan a miña cabeza,
desequilibrando o meu comportamento.
Sei que as miñas forzas, os meus guerreiros internos,
non desistirán ata acabar con eles: é algo que me enorgullece.
Pero os eidos nos que se desenvoltan as batallas son longos
e todo ese tempo desgasta a alma;
podre os sentimentos.
Comeza a ser difícil diferenciar o amar do odiar.