jueves, 29 de julio de 2010

*Not Normal*

Se ó final as dúbidas e os medos
son para todos iguais...

Non desexo pensar que estou de volta de todo con vinte e poucos.
Non me gustaría dar todo por perdido,
nin aceptar a decepción.
Gustaríame de novo volver confiar,
dar oportunidade sen pensalo e non acabar por non facelo.
Pero xa non me importa outear a horizonte
estando soa dende a area:
non me importa por ter claro o que son e como son,
as mans sen sangue e a conciencia tranquila.
Recoñezo que me gusta ser así
porque sendo así, sei que non dano a ninguén.
E ter iso claro en calquera aptitude, é o máis grande.
Medrar soa axúdache a coñecer todo mellor,
porque como nada te eclipsa
logras ver todo de forma máis obxectiva
(que non sempre acertada).
Trátase de percorrer un camiño que non compartes con ninguén
e que só ti forxas.
Afastándote daqueles que ó teu arredor forxan outros sí compartidos;
mentras vas vendo cando e cómo baten uns cos outros
por seguires un mesmo vieiro.

Ou insoportable, ou borde, ou doce, ou frívola,
ou poliédrica, ou educada, ou hipócrita...
Pero sempre un mesmo...
Porque o que non podo facer é ser o que non son.