lunes, 28 de junio de 2010

*Levedade*

O peso, a levedade, a escuma....
As ondas que se axitan arrastrándome,
levándome cada vez máis adentro, máis interno...
Os pasos leves que de tan cortos fan que semelle brincar
como rapariga sobre charcos en días de choiva.
Quero enterrar: a terra húmida embarra as miñas mans doídas.
Como doída está a miña alma por mor de fracturas tan fondas
que só as continuas decepcións foron capaces de orixinar.
Para despois, tras de cavar o buraco máis profundo,
elevo o meu rostro todavía compunxido cara ás raiolas de sol
que me alimentan e me nutren.
Que fan brillar os meus ollos asolagados de bágoas debido á felicidade.
Co pé, forte e decididamente, asento a terra batida,
deixando o sopor, a tristeza, a soidade, as feridas...
afundidas naquela terra de ninguén.
Afastado todo do meu recordo;
unha memoria selectiva que escolle todo o bo,
que esquece o malo.
Redirixo os meus pasos cara as persoas cuxos brazos sei extendidos,
a pesares de non os ver,
de espírito san, cuxa sangue corre sen envelenarse.
O noso mundo non é máis que o creado,
saber esquivar os inconvintes está na nosa man,
igual que forxar unha vida na cal non fracasar, non danar.

sábado, 19 de junio de 2010

*What Will We Be*

Non é que desexe ser pesimista, non utilizarei este espacio nunca para facer apoloxía diso, senón todo ó contrario. Pero señores, creo que desisto, non existen as parellas ideais que se respeten, que se queiran, que non precisen de ninguén máis...E se a túa vida persoal está marcada por defectos, por fracasos e grandes decepcións, o espírito crítico acentúase máis se cabe. Vivimos nunha sociedade cambiante onde a muller está a gañar moito protagonismo (todo o que ó longo dos séculos se lle vetou), moitos pensan que demasiado. No fondo, a idea decimonónica de que nós nos debemos limitar a ser meros obxectos que atraian ó ser que debe reproducirse e que o noso único fin real é ser útero, semella que non desexa extinguirse. Moitos homes non dan aceptado verse igualados, e xa non digamos superados; e irónicamente, esa clase de persoa é a que é a máis doada de superar... Isto crea certo desconcerto no varón, que non sabe onde situarse, que non sabe se querer ou odiar, se admirar ou obviar. Algo que fai máis complexas as relacións contemporáneas.

Por iso non importa que sexan a parella máis en voga: indie-folkie e actriz, paseos por Nova York, a roupa máis guapa...Ou a pija máis hortera co "chuloplaya" de turno; ou a deportista co futbolista que acaba de ascender a terceira; ou o hippie coa máis guapa de rastas; a mística do surfero loiro... Non importan as clases, nin os tipos... : o desamor é algo compartido por todos. E segundo vai pasando o tempo, doume conta de que se evapora a miña ilusión por poder compartir cousas con alguén nun hipotético futuro. E só vexo cómo parellas se desintegran ó meu arredor e caras longas. Ou loitas absurdas por manter relacións tamén absurdas: como advertíndome do que pode pasar, como un mal trailer que destripa unha peli.
Por iso, dende aquí e como modesto consello, permítome o luxo de recordar que o único que nos queda somos nós mesmos. Non quero dicir con isto (nada máis lonxe da miña intención) que se abogue polo egoísmo, senón darnos unha oportunidade. Pode facerse unha vida de xeito solitario, por un mesmo...porque non ter a ninguén non implica unha limitación no ocio, no sexo, nin en nada... Aproveitar ese período cronolóxico (máis longo ou máis breve) para poder coñecernos mellor, adicarnos todo o tempo do mundo, desfrutar máis dos amigos, dos encontros breves, das risas, ... Cinemas, festivais estivais, viaxes e praias... espérannos.

martes, 15 de junio de 2010

*Oda ó Arengador*

Dende o balcón da terraza do sexto piso
apoiaba delicadamente as mans cos brazos flexionados.
E pechando os ollos, imáxinabase que unha masa embrutecida
o escoitaba ferventemente mentras el intentaba narrar
historias que afundisen as súas vidas, que pudrisen os seus espíritos,
cun único afán de non sentirse inferior.
Enaltecido e mediante unha dialéctica barata, de manual, retórica fascista,
intentaba exculparse de toda a culpa que arrastraba
culpando ós demáis de estar enfermos, de ter os problemas...
Cando por dentro, a culpa pesaba como lastre
que arrastraba deixando surcos tras de sí
que delataban a ollos de todos a podredume que enchía o seu interior.
Con palabras de afiado fío, atacaba minando sentimentos e intelixencias
para conseguir as súas fins: colmar o apetito máis animal.
Aquel que carente de razón e amor,
converte a un home en pouco máis que primate a duas patas.
Observandoo, notando como cada verba me contaminaba
o cerebro como absenta en mal estado,
pensaba que se o escoitaran lograría mover masas:
crear un III Reich non fallido sen moverse da casa, eso sí.
Porque a valentía que se precisa para loitar era nel
unha facultade pouco desenrolada.

Sigue falando.
Imaxínate un pequeno fascista dende o teu balcón;
segue crendo que o teu mundo é perfecto;
que a túa vida é ideal por non saber o que é o esforzo, o traballo,
nin as recompensas ó obter méritos persoais.
Segue ocultando o que realmente eres ante á xente
disfrazado baixo roupa cara e ventre abdominado.
Segue intentando joder a vida a máis evas braun.
Utilízaas como xoguetes rotos que partir.
Abre a túa boca de dentadura ortopédica
para soltar máis mentiras.
Séguete enganando a ti mesmo.
Séguete vendo superior.
Segue pensando que o erro está nos demáis.
Todo da igual ¿no?
Nunca te sentirás vulnerable dende o teu balcón.
Ninguén pode subir ó teu balcón...
Lin que o mundo, todo o mundo, se limita ó teu balcón.

*Turno de guardia en Pearl Harbor*

Quizais levo un letreiro no cu
que pon que pasar unha noite comigo
é algo doado de conseguir.
Quizais un escrito na miña fronte rece:
"Esta cabeza non pensa".
Ou quizais teño cara de propensa a ser pisada.

Só hai dúas formas de entender o que acontece ó noso arredor:
o que sucede realmente e cómo nós queremos entendelo.
A segunda opción, xeralmente, sole estar errada.
Por iso, especialistas recomendan botar unha ollada
alonxados do noso centro gravitativo,
un esforzo por facer unha lectura obxectiva,
igual que o fas polas mañás ó ler a prensa deste país.

Aferrarnos a pensar que o que cremos é o real, o único correcto,
invalídanos como seres con capacidade de empatía.
E o ser humano, por desgracia, é un ser social,
polo que posturas así, créndonnos autosuficientes, grandes, gurús...
acaban afastando á xente.
E se te miro e só vexo oquidade,
todo o pouco que en ti poida brillar,
fica por apagarse.
E cando botar unha ollada atrás, valentemente,
supoña avergonzarse, recoñeceremos que as rutas trazadas,
as nosas actuacións, non foron as correctas.

Sempre recibo as noticias nocivas estando
de turno de guardia en Pearl Harbor,
por iso nunca dou gañado a guerra.

viernes, 4 de junio de 2010

¿Canto de grande te pensas que eres?

Sexy Sadie what have you done
You made a fool of everyone
You made a fool of everyone
Sexy Sadie ooh what have you done.

Sexy Sadie you broke the rules
You layed it down for all to see
You layed it down for all to see
Sexy Sadie you broke the rules.

One sunny day the world was waiting for a lover
She came along to turn on everyone
Sexy Sadie the greatest of them all.

Sexy Sadie how did you know
The world was waiting just for you
The world was waiting just for you
Sexy Sadie how did you know.

Sexy Sadie you'll get yours yet
However big you think you are
However big you think you are
Sexy Sadie you'll get yours yet.

We gave her everything we owned just to sit at her table
Just a smile would lighten everything
Sexy Sadie she's the latest and the greatest of them all.

She made a fool of everyone
Sexy Sadie.

However big you think you are
Sexy Sadie.

martes, 1 de junio de 2010

*Todo lo que podíamos haber sido tú y yo, si no fuéramos tú y yo*

Unha muller grande é aquela que se levanta
aínda que a intenten pisar unha e outra vez.
Unha muller forte é a que prevee os golpes máis duros,
aínda que ás veces sexan inevitables.
É unha muller que defende os seus ideais:
unha muller pensante que se cuestiona formas, ideas e conceptos.
Unha muller racional e intelixente,
activa literariamente.
É unha muller que non te precisa,
que logra obviarte,
que asente coa cabeza por non recoñecerche
o baleiro da túa vida;
que eres a persoa máis oca interiormente
que se encontrou xamáis.
É unha muller que a pesar da dor,
non se arrepinte do dado,
pero que non o voltaría facer.
Que dá, pero que debe recibir.
Que orgullosa da súa riqueza interior,
camiña coa cabeza ergueita.
Que loita por metas que sabe
que é quen de cumprir.
Que non precisa de maior altura,
de faldas máis curtas nin de tetas máis grandes.
É unha muller que che pode decir "que te jodan",
porque sabes que quen sae perdendo eres ti.
É unha muller que serviría na Waaf,
cos homes que voan.