lunes, 31 de agosto de 2009

*No tengo nada que ofrecer; excepto sangre, sudor y lágrimas*


Levo tempo dándolle voltas á idea dunha nova entrada, 
posto que esta últimas non é que fosen precisamente destacadas...
Pero non hai....onte lin a prensa e tiven un momento de inspiración que deixei pasar.
Será porque se foi a musa, o principio xerador de tormentos que me fai vomitalos, todos eles, en forma de verbas.
Por renagar a pertencer ó teu harén, xa non teño nada que contar;
baleira como estou de léxico metafórico que me faga revivir acedos momentos.
E non deixa de resultar sumamente tráxico, algo que apena polo tanto,
que deba sufrir para poder escribir;
rememorarte para ser capaz de remover as miñas xeadas entrañas.
E se no fondo, o que importa, é que se non escribo significa que estou ben,
que  a paz se fai dona do meu corpo e en parte da miña mente.

Como aquel creador colérico, así é o meu carácter 
polo que as reaccións moméntaneas de fervente exaltación de autodefensa, 
á vez que xeradoras de ofensa allea,
para nada importan porque se pasan cando tal exaltación desaparece.
O que queda é o fondo.
Pero así é como ten que ser.

miércoles, 26 de agosto de 2009

*Destiny is a fickle bitch*


" Because the destiny, John,  is a fickle bitch".

Oh, o destino. Fickle bitch. Un voluble cabrón (ou voluble zorra, para ser máis literal).
Penso, e reflexiono sobre el moitas veces, chegando á conclusión que eso de que temos un destino marcado é totalmente falso. O destino, como camiño vital que é, fórxase:
algo que queres, loitas por el. 
Sí é certo, sen embargo, que por suposto é voluble e nesta etapa da vida moito máis.
E agora que a miña vida por fin é a miña: quén sabe se a Londres, quizais Benidorm.
E no fondo penso que o que teño é medo, non ó destino senón á incertidumbre;
como camiñar sobre un leito de nubes infestado de indicacións difusas.
Pero algo está claro, es ti quen camiña solo e de ninguén precisas que te guíe.

jueves, 20 de agosto de 2009

*Personal*



Por segunda vez, Tom Hagen vio en Michael la encarnación del Don:

- Mira Tom, no te equivoques. Todo es personal, incluso el más simple y menos importante de los negocios. En la vida del hombre todo es personal. Hasta eso que llaman negocios es personal. ¿Sabes quién me enseñó eso? El Don. Mi padre. El Padrino. Si alguien perjudica a un amigo suyo, el Don lo toma como una ofensa personal. (...) Es ahí donde reside su grandeza. El Gran Don. Lo considera todo como cosa personal. Lo mismo que hace Dios. Sabe todo cuanto sucede, es dueño de las circunstancias. ¿No es así? ¿Sabes algo?  A las personas que consideran los accidentes como insultos personales, no les ocurren accidentes. Me he dado cuenta tarde, pero me he dado cuenta.

miércoles, 19 de agosto de 2009

*La Vida es Rebozarse*



Reflexión trascendental dunha cativa empapada en auga salada segundos antes de revolcarse na area da praia.

*Hate*



O título da entrada delata por cal me decanto.
Porque o odio non é malo a menos que cree guerras,
o odio é tan só unha forma máis de defensa, de autoprotección.
Está claro que na vida só aprendes a base de hostias e é así,
e as que máis doen non son as físicas, e por ser ingrávidas son máis difíciles de curar.
Por iso hai que odiar: para non voltar crer mentiras; para non depositar máis confianza nin dar máis oportunidades; para non permitir falar; para non seguir pensando que hai algo bo, que non está baleiro; odiar para non seguir permitindo que se rían de tí...
Odiar para olvidar.
O mellor, e de recorrer á cultura popular, é que o que non me mata me fai máis forte,
e como sempre, unha vez máis como Ave Fénix volto resurxir dunhas cinzas que xa apenas arden...

O único temor é  a unha hipotética metamorfose que me converta en monstro capaz de odiar de verdade, valentemente. 
Convertirme nun monstro que só pense en min, 
marchitando cada atisbo de vida ou ilusión que o rodee,
 facendo dano e todo por volver resurxir tantas veces xa.

miércoles, 12 de agosto de 2009

*Mine*


Bueno, esta é unha entrada aburrida, aínda que sei que os que a ledes sempre, leredela igual...pero así leva previo aviso. E é que supoño que cando a miña cabeza non está en ebullición alta, non é preciso escribir, ou quizais se deba a que a miña vida é demasiado aburrida.
A miña irmá, oxalá estivese aí contigo, aguantando a prepotencia británica; ós meus colegas ¡deixade de enconarvos que este ano non temos playa ningunha!; a Berni, como se che bota de menos nos pseudo festivales (por certo o de Arzúa xenial, DJ Amable é dios), aínda que con esto non quero darche envidia nin moito menos que xa sei que os alemáns son dunha calidade notablemente elevada ¿The Killers, non?); a Alex, gracias polos apuntes a ver se me animo a comezar a estudiar para marcharnos a Londres dunha vez; ós nenos de clase Sofi, David, Toco, Bea, que se vos bota moitísimo de menos...E bueno, pouco máis. Nada, tan só por escribir algo, que semello anclada no medio da nada.

Penso que o verán para os estudiantes ten unha finalidade, algo máis profundo que ser unha temporada de borracheras, festas, estudiar no último minuto para setembro...no, penso que a súa gran finalidade é a de ser un período de reflexión. Pode que se trate máis ben de min, das miñas paranoias e que sexa quizais a única que o adique a eso, pero non creo. Porque os veráns están plagados de cambios por pequenos que sexan e este a min sirveume para coñecerme mellor, ser consciente de todo eso que te fai medrar durante o ano e que agora me podo parar a ver. Do cal extraio cousas non sempre boas, claro, por exemplo a miña incompatibilidade co resto do mundo, a necesidade de autonomía absoluta, as enormes ganas de voar, e aínda que me doia recoñecelo, o meu gran egoísmo, algo do que me avergonzo moito e que pensei que gracias ás circunstancias polas que pasara, tiña máis que enterrado e fóra da miña persoa.
Penso que quizais tales circunstancias o que fixeron foi acrecentalo, como medida de autoprotección. Pero bueno, deixareino xa aquí porque sería meternos en terreo pantanoso e ademáis  sería demasiado aburrido. Só era iso, que se vos bota en falta a todos (ó igual que a actividade). Vémonos en Compostela!