viernes, 26 de junio de 2009

*You´ll Never Walk Alone*


Facendo un oco no tempo de estudio, creei a entrada para adicarlla a miña irmá que tal día como hoxe se marcha a Manchester, pobre, cidade industrial onde a haxa, prototipo modelo da I Revolución Industrial, industrias, fábricas e pouco máis...Non tiven o placer de estar aló, pero non a creo tan "cool" como Londres. Sexa como fose, Don´t Worry, sabes que estamos sempre aquí (agora lonxe, eso sí) e que as bágoas que se me escaparon onte, foi pola presión dos exames e tal...xa sabes,... Querémoste moito pequena. Outro verán máis sen ti.

P.S.: Como non tiña unha foto guapa túa decidín poñer unha panorámica da cidade de noite,porque senón sei que me matarías, ademáis é  por eso que din que hai moita festa e tal. Acórdate do inglés!! pero non me traias un "Rooney" eh, que desos xa hai moitos aquí. Bico!!

viernes, 19 de junio de 2009

*Le Voyage dans la Lune*


Últimamente estou feita unha pusilánime e unha sentimental: todo me conmove  e me fai chorar. Claro que  pode ser dado pola presión dos exames que trato de aguantar estoicamente pero a cal a veces, logra que me derrumbe. Sexa como fose, onte acabei de ler un dos libros máis preciosos que facía tempo non encontraba e o máis bonito foi que dei con el de casualidade na biblioteca, na zona de lectura infantil...En fin, chámase "El invento de Hugo Cabret", e se dades con el por casualidade, recoméndovolo  ferventemente. Non só a historia, senón os debuxos impresionantes que o ilustran conformando diferentes planos cinematográficos, como travellings, por eso segundo vas pasando as follas é como se estivese fronte a gran pantalla. Unha pantalla do primeiro cinema de pantomima, aquel no que o gran George Mélies facía que pudésemos viaxar á lúa ou inchar a súa cabeza como se dun globo se tratase. Fermoso.

sábado, 6 de junio de 2009

*Estudia, baby*


De novo encerrados, de novo biblioteca, de novo coca-cola, de novo cigarro, de novo café.
Un cuadrimestre máis entón...non festa, non drogas, non sexo...non é?? xD.
A entrada vai adicada a todos vós, meus pequenos fermosos, 
porque curremos moito e porque todo saia ben;
por un ano máis e un ano menos.

P.S.:Sintoo pola foto, xa sei que é mazo kitsch, pero fíxome gracia.

viernes, 5 de junio de 2009

*Fuck You, petarda*


Bueno esta entrada vai adicada a toda esa peña que ten unha vida tan triste que se adica a deixar comentarios en blog de xente que nin siquera coñece, ou o que é máis patético, que contesta a cousas que nin siquera entende...Persoas que te chaman "petarda" e rematan a frase con "tía!"; hai que joderse....En fin, a toda esa "xente": lede máis e deixade de incordiar. Grazas.